Bos días meus parruliños!
Hoxe téñovos preparado as seguintes actividades.
Espero que vos gusten!!
- LINGUA GALEGA:
Libro páx. 132 ex: 1 e 2.
páx. 134 ex: 1
- LINGUA CASTELÁ:
A actividade de hoxe titúlase " Creadores de contos". Consiste en crear unha historia a partir de 3 dados.
O primeiro que tedes que facer é descargar os dados e darlle cor. Despois formar os dados que vos presento a continuación. Son os seguintes:
- Personaxes
- Lugares
- Obxectos máxicos
Unha vez formados podemos comezar a xogar.
Ao tirar o cubo obteredes un personaxe ou dous se tirades dúas veces, un lugar e un obxecto máxico para crear a vosa historia.
![]() |
Fai clic para descargar os dados |
Outra opción:
Cun dado do xogo do parchís ou da oca podedes participar coa seguinte ficha.
Primeiro trátase de lanzar o dado tres veces. Cada tirada indícanos unha cousa na columna: o lugar, o personaxe e o obxecto máxico.
![]() |
Fai clic para descargar a imaxe |
Cando teñades feito o voso marabilloso conto podédesmo enviar ao correo:
segundoceippontesampaio@gmail.com
- CIENCIAS DA NATUREZA:
SORPRESAAA!!
Fixen un álbum dixital dos seres vivos para todos.
Xa temos a troita que foi o animal que vimos a semana pasada.
Agora tocaría o flamengo, pero ides ser vós os encargados/as de buscar a información. Non fai falta que sexa moita, cun pouquiño para poder poñer no noso álbum chéganos.
Se mo mandades ao correo poderei incorporala ao álbum.
- PLÁSTICA:
Propóñovos un reto para facer na área de Plástica.
Apetécevos?
O reto consiste en facer unha colaxe usando materiais que atopedes por casa. Os materiais poden ser tea, feltro, xornais, revistas, cartón, pau do xeado, pinzas...
Tedes toda a semana para facelo. O vindeiro mércores enviádesmo para subilo ao blog .
No hay comentarios:
Publicar un comentario