martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 1 DE ABRIL DO 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA


Bos días parruliños!!

Xa é mércores. Estamos no ecuador da semana. Só quedan dous días para a fin de semana.

Hoxe propóñovos dúas actividades interesantes. Unha ten que ver con animais en 3D e outra coa caixa de ovos ou o rollo de papel.

Xa me contaredes que vos pareceron!!😉

-LINGUA GALEGA: 
  
  SNAPPET - Exercicios de repaso de palabras con za, zo, zu, ce, ci.


-LENGUA CASTELLANA:
Aproveitando que onte repasamos en Lingua Galega os diminutivos hoxe na área de Lingua Castelá imos realizar os exercicios sobre este contido.

    Libro  páx.127 ex: 4, 5 e 6.
             páx.136 ex:1
   
-CIENCIAS DA NATUREZA:
Continuamos co noso álbum dos seres vivos. Hoxe toca traballar os seguintes:

-Tigre: Beltrán, Xabier, Alba e Raúl.
-Oso Panda: Noa, Athenea, Celia e Uxía.
-Polbo: Tatiana, Eloy, Mateo e Diego.
-Tartaruga: Joel, Mar e Andrea.


A parte de buscar información sobre o animal propóñovos unha idea.



O buscador de Google integra unha función de realidade aumentada que permite ver animais en 3D e situalos dixitalmente en calquera espazo no que che atopes. Así, poderás ver un tigre, un oso ou un cabalo virtual na túa habitación. Tamén hai a posibilidade de sacarche fotos con eles.




A miña idea consiste en sacarvos unha foto co animal que vos toca esta semana e subila ao álbum.

Apetécevos?
Déixovos a ligazón do álbum para que vexades que bonito nos está quedando.
Fai clic para ver o álbum

-PLÁSTICA:
Propóñovos un novo reto para traballar no plástica.

Imaxínome que todos teredes ovos en casa... pois coa caixa de ovos de cartón tedes que realizar un animal. No caso de que non teñades, podedes usar o cartón do rollo de papel hixiénico.

A continuación móstrovos un exemplo de cada un.







Importante: Tedes toda a semana para poder facelo.





O que non teña material para poder realizalo, pode facelo se lle apetece co que atope na casa

IOGA EN CASA - NUEVO VÍDEO - SEGUNDO DE PRIMARIA


Hoxe preséntovos un novo vídeo de Ioga para nenos.


Espero que vos guste!


Cápsula "Os astronautas do espazo Interior"



ACTIVIDADES PARA MARTES 31 DE MARZO DO 2020 - SEGUNDO DE PRIMARIA


Bos días!

Na plataforma SNAPPET a estrutura dos exercicios é a seguinte:
- Explicación. - Práctica.
- Reforzo.

O programa ten a vantaxe que se adapta ás características de cada neno/a. Polo cal a aprendizaxe é personalizada.

Se vos parecen moitos exercicios xa sabedes que non hai ningún tipo de problema de ir facendo aos poucos ou facer uns cantos.


Hoxe mándovos as seguintes actividades:

VALORES:


Hoxe en clase de valores imos aprender que é unha emoción, e así poderemos descubrir e identificar que emoción está a vivir a protagonista no primeiro caso do inspector.
Fai clic para iniciar a actividade


MATEMÁTICAS: 

Libro páx. 130 ex: 4
        páx. 134  ex: 1, 2,3.



LINGUA GALEGA:  SNAPPET : Diminutivos.


LINGUA CASTELÁ:

Libro páx. 136-137 ex: 2,3, 4 e 5.

Aclaración do exercicio 5: Se non hai alguén que vos poida ditar cambiades o exercicio por copiado. 

lunes, 30 de marzo de 2020

SNAPETT - METODOLOXÍA DIXITAL


Boas, que tal estades todos e todas? Espero que todo vaia ben.

A partir de hoxe primeiro e segundo comezamos unha nova expericiencia educativa que nos vai permitir estar conectados a pesar da distancia.

Para poder traballar o alumno ou alumna necesitará conexión a internet e un equipo informático (ordenador, talbet...).

Snappet permitirá que os nenos e nenas realicen exercicios de Lengua e Matemáticas para os de 1º e Lengua, Matemáticas e Lingua Galega para 2º e a mestra poida comprobar os seus resultados.

Para acceder debedes ir a páxina web de SNAPPET: https://es.snappet.org/




Unha vez na páxina premedes na esquina superior dereita en Alumnos e debedes introducir o usuario e contrasinal que se vos facilitou por privado.




E xa podedes acceder as actividades que a mestra seleccionou para vós.

Agardamos que sexa unha experiencia gratificante para todos e todas.

Calquera dúbida estamos a vosa disposición.

Ánimo!

domingo, 29 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA LUNS 30 DE MARZO DO 2020



Hoxe comezamos a semana...
Imos empezar a utilizar a metodoloxía dixital SNAPPET. Espero que me mandedes un correo contándome que vos pareceu. Acordarvos podédela usar no computador ou na tablet. Comezamos !!


- MATEMÁTICAS:

Exercicios de SNAPPET: Números hasta el 1000. Redondeo á decena.

Libro páx.125 ex:12


- LINGUA GALEGA:

Exercicio de SNAPPET: Comprensión lectora.
Libro páx. 136 ex:1 e 2
páx. 137 ex: 3, 4, 5 e 6.


- CIENCIAS SOCIAIS:

Na clase de hoxe imos repasar as paisaxes naturais e humanas. Para iso, déixovos unha foto do libro para ler e lembrar os contidos que demos en clase.




Actividade: Debuxa a paisaxe que ves desde unha ventá da túa casa. Despois rodea os elementos naturais e humanos da paisaxe.

Mandarme os exercicios ao correo electrónico e corríxovolos.

jueves, 26 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA VENRES 27 DE MARZO DO 2020 - SEGUNDO

Bo díaaaa!

Hoxe xa é venres!!

Xa non queda nada para poder disfrutar da fin de semana.



- MATEMÁTICAS:
   
  Libro páx.124 ex. 9, 10 e 11
  


- LINGUA CASTELÁ:
    
Vídeo " Os artículos" 



  
 Gramática " Os artículos" Libro páx.134 ex:18,19,20.
                                   



Actividade interactiva
Fai clic para iniciar a actividade interactiva

    

-VALORES:


Vídeo El Emocionómetro del Inspector Drilo




Hoxe vouvos a explicar os dous instrumentos que emprega o Inspector Drilo para os seus casos. -Un maletín de investigación e algúns dos elementos que se podían atopar nel son:



-E o emocionómetro: O inspector Drilo deseñou esta peza estrela do seu maletín para a difícil misión de identificar e medir as emocións.

Fai clic para descargar



O material empregado é do blog 
http://emocionometro.blogspot.com/

A actividade de hoxe é crear o voso emocionómetro. Os que teñades impresora mellor imprimilo en branco e negro para darlle cor.

Os que non teñades podedes buscar algo por casa para o círculo. Despois só necesitades unha regra e un lapis. Non fagades o indicador porque o poderedes usar cunha ficha (botón, ficha da parchis...)

Para a próxima semana xa empezamos a usalo.



- CIENCIAS DA NATUREZA:

Para hoxe imos buscar información de distintos animais para o noso álbum dos seres vivos. Cada un buscará o animal que lle toca:
- Elefante: Beltrán, Xabier, Alba. - Xirafa: Raúl, Noa, Athenea e Celia. - Ra: Uxía, Tatiana, Eloy e Mateo - Papagaio: Diego, Joel, Mar e Andrea. Acordarvos cun pouco de información chéganos porque no álbum non temos moito espazo.
Felicitarvos polo traballo do Flamengo.




MINDFULNESS - TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA - 2º PRIMARIA



Recoméndovos para estes días que estamos a vivir poñer en práctica a técnica de Mindfulness, unha disciplina que, cada vez estase incorporando nos distintos ámbitos da nosa vida, en casa, nos colexios e mesmo nas empresas.



Ofrécenos unha "atención plena" mellorando a conciencia de nós mesmos, a nosa atención e concentración ademais de axudarnos a regular as emocións.

Recoméndovos o seguinte libro TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA.
La meditación para niños...Con sus padres de Eline Snel.




Como de momento non podemos saír á rúa para compralo, vou mostrar cada día un vídeo da mesma autora, que nos axudarán a comezar a practicar Mindfulness.




Tranquilos y atentos como una rana



miércoles, 25 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA XOVES 26 DE MARZO DE 2020


Bos días familia!

Hoxe prepareivos as seguintes actividades.
Na área de lingua castelá imos utilizar para ler e escribir os pictogramas que son signos que representan obxectos ou figuras. Xa me contaredes a vosa experiencia con eles.
Unha forte aperta!

- MATEMÁTICAS

  Libro páx.116 ex:4          
          páx.122 ex:6 

- LINGUA CASTELÁ


Nesta sesión de Lingua Castelá imos traballar a comprensión lectora dunha maneira moi distinta ao que estamos afeitos. Imos completar escenas, pintando ou debuxando, seguindo unhas instrucións.


É unha maneira máis divertida de traballar este contido.




Fai clic para abrir a actividade

E tamén imos empregar os pictogramas para traballar a expresión escrita.



Fai clic para descargar a ficha


- LINGUA GALEGA

Comprensión lectora do conto "Orellas de Bolboreta"
Fai clic para descargar a actividade


- CIENCIAS SOCIAIS

Lemos para lembrar os contidos dados sobre a meteoroloxía. E despois hai que realizar a actividade do tempo que consiste en colocar no mapa de Galicia os símbolos do tempo no seu lugar correspondente.







Fai clic para abrir a actividade



Acabo de atopar unha páxina que crea fichas interactivas. Para probala utilicei a ficha do tempo.
Creo que vos gustará máis así!
Probala e xa me contaredes...

Fai clic para iniciar a actividade interactiva








IOGA EN CASA- NUEVO VÍDEO - SEGUNDO DE PRIMARIA




Novo vídeo de Ioga en casa.

Pasalo xenial!



GAÑA O QUE MÁIS SE DIVIRTE


PICTOpoesía - 21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA POESÍA


Bos días!!

Preséntovos as pictopoesías que fixeron as miñas alumnas/os de segundo.
Son unha marabilla!!















PICTOpoesía - 21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA POESÍA



Bo día! Publico os vosos marabillosos poemas para celebrar o día da Poesía.











martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA MÉRCORES 25 DE MARZO DO 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA


Bos días meus parruliños!

Hoxe téñovos preparado as seguintes actividades.

Espero que vos gusten!!


- LINGUA GALEGA: 

 Libro páx. 132 ex: 1 e 2.
         páx. 134 ex: 1

- LINGUA CASTELÁ: 

A actividade de hoxe titúlase " Creadores de contos". Consiste en crear unha historia a partir de 3 dados.


O primeiro que tedes que facer é descargar os dados e darlle cor. Despois formar os dados que vos presento a continuación. Son os seguintes:
- Personaxes - Lugares
- Obxectos máxicos

Unha vez formados podemos comezar a xogar.

Ao tirar o cubo obteredes un personaxe ou dous se tirades dúas veces, un lugar e un obxecto máxico para crear a vosa historia.


Fai clic para descargar os dados


Outra opción:



Cun dado do xogo do parchís ou da oca podedes participar coa seguinte ficha. Primeiro trátase de lanzar o dado tres veces. Cada tirada indícanos unha cousa na columna: o lugar, o personaxe e o obxecto máxico.




Fai clic para descargar a imaxe





Cando teñades feito o voso marabilloso conto podédesmo enviar ao correo:

segundoceippontesampaio@gmail.com




- CIENCIAS DA NATUREZA:

SORPRESAAA!!


Fixen un álbum dixital dos seres vivos para todos.

Xa temos a troita que foi o animal que vimos a semana pasada.


Agora tocaría o flamengo, pero ides ser vós os encargados/as de buscar a información. Non fai falta que sexa moita, cun pouquiño para poder poñer no noso álbum chéganos.



Se mo mandades ao correo poderei incorporala ao álbum.






- PLÁSTICA:

Propóñovos un reto para facer na área de Plástica.
Apetécevos?
O reto consiste en facer unha colaxe usando materiais que atopedes por casa. Os materiais poden ser tea, feltro, xornais, revistas, cartón, pau do xeado, pinzas...


Tedes toda a semana para facelo. O vindeiro mércores enviádesmo para subilo ao blog .