Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta PRIMEIRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRIMEIRO. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO


Hoxe día 2 de abril celébrase o Día Mundial sobre o Autismo, decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida que sofren e así poderlles brindar unha mellor calidad de vida.

A campaña deste ano, céntrase no lema "Podo aprender, podo traballar". O obxectivo é reinvidicar un esforzo por parte da sociedade á hora de facilitar o acceso a unha educación de calidade con miras a que estas persoas poidan desenvolver un traballo renumerado e ser o máis autónomos e independentes posible.

Dende o centro querémonos sumar á campaña "Podo aprender, podo traballar" polo que podedes compartir con nós as túas fotos ou vídeos para subilos aos blogs, instagram...



A continuación, déixovos uns vídeos que nos fala do autismo para que poidades ver e reflexionar.






lunes, 30 de marzo de 2020

SNAPETT - METODOLOXÍA DIXITAL


Boas, que tal estades todos e todas? Espero que todo vaia ben.

A partir de hoxe primeiro e segundo comezamos unha nova expericiencia educativa que nos vai permitir estar conectados a pesar da distancia.

Para poder traballar o alumno ou alumna necesitará conexión a internet e un equipo informático (ordenador, talbet...).

Snappet permitirá que os nenos e nenas realicen exercicios de Lengua e Matemáticas para os de 1º e Lengua, Matemáticas e Lingua Galega para 2º e a mestra poida comprobar os seus resultados.

Para acceder debedes ir a páxina web de SNAPPET: https://es.snappet.org/




Unha vez na páxina premedes na esquina superior dereita en Alumnos e debedes introducir o usuario e contrasinal que se vos facilitou por privado.




E xa podedes acceder as actividades que a mestra seleccionou para vós.

Agardamos que sexa unha experiencia gratificante para todos e todas.

Calquera dúbida estamos a vosa disposición.

Ánimo!

miércoles, 18 de marzo de 2020

XUNTO MÁIS FORTES - ACTIVIDADE VOLUNTARIA PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

Ola familias!!

Neste tempo de corentena o que máis botan de menos os nenos/as son aos seus compañeiros/as de clase.

Por iso, algúns colexios empezaron cunha iniciativa que consiste en gravar un vídeo que se lle envía ao mestre/a e el/ela móntao para facer un común de toda a clase. Con isto, o que se quere conseguir é facer a distancia máis curta.



Ás mestras de primeiro e segundo gustaríanos pedirvos colaboración para poder realizar esta iniciativa. É unha actividade totalmente VOLUNTARIA .

Cada neno debe facer un vídeo (máximo 30 segundos) no que se inclúa:
- saúdo - como nos atopamos
- unha idea sobre unha actividade para facer en casa e así se nos pase o tempo
máis rápido.
- despedida O traballo será repartido da seguinte maneira:
Os nenos/as serán os encargados de elaborarse o seu guión e os pais podedes gravalo co teléfono móbil. E as mestras as encargadas de montar o video.



Os nenos/as de 1º de primaria enviades o video ao correo: nataliamaestraprimaria@gmail.com

E os nenos/as de 2º de primaria enviade o vídeo ao correo electrónico: segundoceippontesampaio@gmail.com


Parécevos boa idea?





lunes, 16 de marzo de 2020

TRABALLO PARA MARTES 17

 BENVIDOS E BENVIDAS

Boas familias, a partir de hoxe tedes este espazo para cosultar algunhas propostas para traballar dende a casa. A maiores do que xa tedes organizado para estes días aquí vos deixarei enlaces que vos poden interesar.

                                                  Matemáticas

             

 Comparación de números                    Decenas y unidades



                                                       Lengua

                     
                     Artículos                                                  Sílabas encantadas

 
   Ciencias
 
                  Animais vertebrados                e                    animais invertebrados


 Debemos ler a diario polo tanto aquí vos deixo uns enlaces con lecturas comprensivas e unha proposta para traballar a escritura.

                            Lecturas comprensivas

             
  Comprensión de frases curtas    Contos curtos                Textos longos
    

                                      PROPOSTA
  • Para estes días podemos facer un díario, simplemente unha frase ou dúas que conten o que máis nos gustou do día, non fai falla unha libreta pode ser en follas soltas. Podemos acompañalo dalgún debuxo e incorporalo a nosa rutina. 


                 Ánimo a todos e todas!