martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 1 DE ABRIL DO 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA


Bos días parruliños!!

Xa é mércores. Estamos no ecuador da semana. Só quedan dous días para a fin de semana.

Hoxe propóñovos dúas actividades interesantes. Unha ten que ver con animais en 3D e outra coa caixa de ovos ou o rollo de papel.

Xa me contaredes que vos pareceron!!😉

-LINGUA GALEGA: 
  
  SNAPPET - Exercicios de repaso de palabras con za, zo, zu, ce, ci.


-LENGUA CASTELLANA:
Aproveitando que onte repasamos en Lingua Galega os diminutivos hoxe na área de Lingua Castelá imos realizar os exercicios sobre este contido.

    Libro  páx.127 ex: 4, 5 e 6.
             páx.136 ex:1
   
-CIENCIAS DA NATUREZA:
Continuamos co noso álbum dos seres vivos. Hoxe toca traballar os seguintes:

-Tigre: Beltrán, Xabier, Alba e Raúl.
-Oso Panda: Noa, Athenea, Celia e Uxía.
-Polbo: Tatiana, Eloy, Mateo e Diego.
-Tartaruga: Joel, Mar e Andrea.


A parte de buscar información sobre o animal propóñovos unha idea.



O buscador de Google integra unha función de realidade aumentada que permite ver animais en 3D e situalos dixitalmente en calquera espazo no que che atopes. Así, poderás ver un tigre, un oso ou un cabalo virtual na túa habitación. Tamén hai a posibilidade de sacarche fotos con eles.




A miña idea consiste en sacarvos unha foto co animal que vos toca esta semana e subila ao álbum.

Apetécevos?
Déixovos a ligazón do álbum para que vexades que bonito nos está quedando.
Fai clic para ver o álbum

-PLÁSTICA:
Propóñovos un novo reto para traballar no plástica.

Imaxínome que todos teredes ovos en casa... pois coa caixa de ovos de cartón tedes que realizar un animal. No caso de que non teñades, podedes usar o cartón do rollo de papel hixiénico.

A continuación móstrovos un exemplo de cada un.







Importante: Tedes toda a semana para poder facelo.





O que non teña material para poder realizalo, pode facelo se lle apetece co que atope na casa

No hay comentarios:

Publicar un comentario