miércoles, 29 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 29 DE ABRIL DE 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA

Bo día!
Como todos os días comezamos o día cun vídeo.



Hoxe tráiovos unhas actividades creativas, divertidas e manipulativas.
Xa me contaredes polo correo electrónico ou nos comentarios da entrada do blog que vos pareceron.

- LINGUA GALEGA:
Hoxe en Lingua Galega realizaremos unha actividade que se titula Palabras compostas pregables.

A actividade consiste en crear un pregable para repasar as palabras compostas.

Fóra poñemos dúas palabras co seu debuxo correspondente que formen a palabra composta (PASAR TEMPOS). E dentro do pregable escribimos a palabra composta (PASATEMPOS) e tamén co debuxo.

EXEMPLOS: 



Eu fixen este no computador, pero eu quero que o fagades como o de arriba, a man.


MATERIAIS: unha folla A4, tesoiras e cores.
PASOS:

   1º: Collemos unha folla e poñémola encima da mesa en posición horizontal.



  2º: Dobramos a folla como aparece na imaxe.

  3º: Volvemos dobrar a folla en catro partes como aparece no exemplo.
    4ºE por último recortamos.

- LENGUA CASTELLANA:
 
   Coa actividade de hoxe imos traballar a expresión oral.

  ¡A PREGUNTADOTECA! Como xogar:

▫️Tira os 🎲 ▫️O primeiro tiro indica o número de arriba. ▫️O segundo tiro indica o número vertical. ▫️Une os puntos e contesta á túa pregunta.

IMPORTANTE: Non fai falta que descarguedes o taboleiro.
Esta actividade é oral,polo tanto, tedes que facela a través dun vídeo ou audio.

Fai clic para ver o tabloeiro.

- CIENCIAS DA NATUREZA:

Imos repasar a unidade "Descubrindo os seres vivos" con tres actividades interactivas.
A continuación, indico os pasos a seguir para atopar as actividades:
  1. Acceso libro dixital: https://www.anayaeducacion.es/index_alumnado.php 
  2. A continuación introducimos o nome e contraseña.

   3.  Facemos clic no libro de Ciencias da Natureza. 

  

       4. Imos ao tema 3.


           
       5. Facemos clic en actividades interactivas.


          6. Facemos as dúas actividades marcadas cunha frecha. 
Por favor cando teñades rematada a actividade sacádeslle un foto e enviádesma ao correo. Moitas grazas



- PLÁSTICA:
Hoxe propóñovos un novo reto.
Este vai ser moi divertido e entretido. Lembrar que tedes toda a semana.
A actividade titúlase "Imitando pinturas famosas".
Cada neno/a debe elixir un cadro moi coñecido dun pintor famoso e terá que imitalo con xestos, disfrazado, froitas, distintos materiais reciclados...
Por exemplo:



Agardo con impaciencia as vosas propostas porque sempre me sorprendedes. Encántame todos os traballos que me mandades!!😍

No hay comentarios:

Publicar un comentario