miércoles, 15 de abril de 2020

ACTIVIDADES- XOVES 16 DE ABRIL DO 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA



Bos días familia!

Xa é xoves non queda nada para a fin de semana😆😎

- MATEMÁTICAS:
Libro páx.146 ex:1 (sumas e restas).


- LINGUA CASTELÁ:
Hoxe na área de lingua imos realizar uns exercicios de repaso de varios
contidos: palabras con ll e con y, a sílaba tónica, masculino e feminino.
Son contidos que estivemos a ver ao longo destes días.


Acordarvos que despois de facelos se me enviades as fotos cos exercicios, eu corríxovolo encantada.😊


Libro páx. 154  ex:1 e 2.
        páx. 155  ex:4


- LINGUA GALEGA:
Nesta área imos utilizar o SNAPPET para traballar o vocabulario: os
aumentativos.

A continuación móstrovos un pantallazo da plataforma do SNAPPET.
As frechas vermellas non vos van a aparecer, póñoas eu para axudarvos e vos sexa máis fácil identificar os exercicios necesarios para poder traballar o contido.
  


- CIENCIAS SOCIAIS:

O prometido é débeda! Imos tentar atopar a resposta das vosas adiviñas.


   AS VOSAS  ADIVIÑAS

Transporto as sementes sen carreta e tamén peiteo a herba sen ter peite.

Resposta:__________________

Veño do ceo,
arrastro todo o que me atopo,
se pasas por min
chegará o teu fin.

Resposta:___________________
Que cousa é
que asubía sen boca
corre sen pés
pégache na cara
pero non o ves?

Resposta:__________________                                                                



Teño traxe alaranxado,
dentro moi apertado vou, pero saio tal cal son
cando me abren con coidado.
Resposta:__________________


Nin o poder ver
Nin vives sen él.

Resposta:__________________

Rompe e non ten mans
Corre e non ten pés
Sopra e non ten boca
Qué che parece que é?

Resposta:__________________

Voa sen ás
asubía sen boca,
pega sen mans,
e ti nin os ves
ni o tocas.

Resposta:______________________


Son tan grande como o mundo
e con todo non me ves.
Téñenme por vagabundo.
Envólvoche ancho e profundo.
Todito de cabeza aos pés.

Resposta:______________________



No hay comentarios:

Publicar un comentario