Bos días! Encantoume veros onte 😍😍😍😍😍 Espero que na próxima non teñamos tanto problemas e poder pasar un momento agradable, xogando convosco.
O traballo de hoxe tamén vai ser bastante relaxado e deixando os libros de lado.
Como vos comentei onte o 17 de maio celébrase o Día das letras Galegas, pero tamén é o día Mundial da reciclaxe. Por tanto, o traballo de hoxe vaise a centrar nesta dúas celebración.
- LINGUA GALEGA:
Hoxe ides a coñecer, da man dos Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.
![]() |
Os Bolechas |
Vós o que tedes que facer é coa letra que vos toque do nome ou apelido escribir unha palabra en galego.
A primeira letra da palabra ten que ir en MAIÚSCULA, ser MOITO MÁIS GRANDE que o resto e ter unha COR DISTINTA ao resto.
O reparto das letras é o seguinte:
R=Beltrán
I= Xabier
C= Alba
A= Raúl
R= Noa
D= Athenea
O= Celia
C=Uxía
A=Tatiana
R= Eloy
V= Mateo
A= Diego
L= Joel
H= Mar
O= Andrea
Por favor, cando poidades mandádesme ao correo unha foto vosa co cartel. Para despois subilo ao blog.
EXEMPLOS:- CIENCIAS SOCIAIS:
A actividade de ciencias sociais titúlase "A RECICLAXE".
O obxectivo desta actividade é coñecer os tipos residuos e aprender como facer unha correcta separación dos envases para a súa reciclaxe.
Para iso, realizaredes un mural cos catro colectores (vidro, plástico, cartón-papel e lixo orgánico).
Materiais:
- Unha cartolina ou follas
- Rotuladores
- Ceras de cores
- Tesoira
- Pegamento
Os pasos para facer o mural, son os seguintes:
1º:Collemos a cartolina ou as follas e debuxamos os catro colectores. Para os que teñades impresora déixovos un padrón(plantilla) cos debuxos de cada contedor.
2º:Damos cor a cada un deles (azul, amarelo, verde).
3º:En cada colector temos que pegar os residuos que se depositan en cada un deles. Poden ser debuxos, envases reais, adhesivos dos envases...
Exemplos:
![]() |
Déixovos un vídeo para repasar a correcta separación dos envases.
![]() |
Contedores |
No hay comentarios:
Publicar un comentario