jueves, 21 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA O XOVES 21 DE MAIO DE 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA

Bos días!
Que tal o pasaches onte co xogo que fixemos por videochamada? Espero que disfrutases moito.😉

Comezamos a mañá cun toque de rock.😂😂😂

-MATEMÁTICAS y PLÁSTICA:
O reto de hoxe titúlase "Figuras en fío".
Consiste en facer un taboleiro de cartón de 20 cm para crear figuras xeométricas seguindo unha orde de números.

Materiais:
- Cartón.
- Tesoiras.
- Rotudalores ou pintura.
- Corda ou la, aproximadamente 1 m.
- 10 chincheta de cabeza cilíndrica.

Exemplo: Nós imos a poñer os números do 0 ao 9.
Imaxe vista en @mestraambclasse

Este taboleiro é en realidade un material manipulativo que axuda aos nenos/as entender o mecanismo da multiplicación.

COMO UTILIZAR O TABOLEIRO?

O que imos facer con este taboleiro é representar as diferentes táboas de multiplicar co fío de algodón formando unha figura xeométrica, poñendo así en marcha un sistema de aprendizaxe kinéstesico, xa que o neno ou nena asociará a información da táboa con sensacións e determinados movementos.


Poñeremos o fío no número 0 e comezamos a traballar:
Se estamos a practicar a táboa do 2 iremos dicindo a táboa (2×1, 2×2, 2×3…) e obteremos os resultados contando de dous en dous; no número que nos indique a conta enlazaremos o fío de algodón de modo que irá formando unha figura xeométrica aos poucos. Cada vez que pasemos polo 0 engadiremos unha decena aos resultados.

Coa táboa do 3 iriamos contando de tres en tres...E así sucesivamente.
Lembrar: Tedes unha semana para entregalo.

Por favor, mandarme fotos ao correo das dúas figuras xeométricas que formades coa táboa do 2 e coa do 3.

-LENGUA CASTELLANA:

 Palabras compostas. Libro páx.185 ex:4,5 e 6.

-LINGUA GALEGA:
Imos facer unha proba para ver como vos manexades facendo un ditado co programa SNAPPET.

SNAPPET:DITADO.

-CIENCIAS SOCIAIS:
Hoxe en Sociais imos repasar o calendario (día, semana, mes e ano).
Déixovos uns vídeos cunha breve explicación para que vaiades refrescando a memoria.



                            

Libro páx.100 e 101  ex:1





No hay comentarios:

Publicar un comentario