jueves, 4 de junio de 2020

ACTIVIDADES PARA O XOVES 4 DE 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA

Bos días!
Queredes saber que imos facer en plástica? Pois nos vemos ás 11 na miña sala persoal de Cisco Webex:
https://meetingsemea19.webex.com/meet/arnoso

- MATEMÁTICAS:

  SNAPPET: Táboa do 5.

- CIENCIAS SOCIAIS:
  Actividade: Liña do tempo de ... (Nome da persoa)

  Consiste en facer a liña do tempo da nosa vida, dende que nacemos ata agora.

A liña do tempo permite ordenar unha secuencia de eventos ou de fitos sobre un tema,de tal forma que se visualice con claridade a relación temporal entre eles.

Para elaborar unha liña do tempo da nosa vida, débense:
-Identificar os eventos que ocorreron na nosa vida.
-Indicar as datas (iniciais e finais) en que estes ocorreron.
-Situar os eventos en orde cronolóxica.
-Seleccionar os fitos máis relevantes.
-Agrupar os eventos similares.
-Determinar a escala de visualización que se vai a usar.
-E por último, organizar os eventos en forma de diagrama.

 Tedes unha semana para entregalo.
  
  Exemplos:





No hay comentarios:

Publicar un comentario