miércoles, 18 de marzo de 2020

XUNTO MÁIS FORTES - ACTIVIDADE VOLUNTARIA PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

Ola familias!!

Neste tempo de corentena o que máis botan de menos os nenos/as son aos seus compañeiros/as de clase.

Por iso, algúns colexios empezaron cunha iniciativa que consiste en gravar un vídeo que se lle envía ao mestre/a e el/ela móntao para facer un común de toda a clase. Con isto, o que se quere conseguir é facer a distancia máis curta.



Ás mestras de primeiro e segundo gustaríanos pedirvos colaboración para poder realizar esta iniciativa. É unha actividade totalmente VOLUNTARIA .

Cada neno debe facer un vídeo (máximo 30 segundos) no que se inclúa:
- saúdo - como nos atopamos
- unha idea sobre unha actividade para facer en casa e así se nos pase o tempo
máis rápido.
- despedida O traballo será repartido da seguinte maneira:
Os nenos/as serán os encargados de elaborarse o seu guión e os pais podedes gravalo co teléfono móbil. E as mestras as encargadas de montar o video.



Os nenos/as de 1º de primaria enviades o video ao correo: nataliamaestraprimaria@gmail.com

E os nenos/as de 2º de primaria enviade o vídeo ao correo electrónico: segundoceippontesampaio@gmail.com


Parécevos boa idea?





No hay comentarios:

Publicar un comentario