Bos días! Hoxe xa é o último día de clase desta semana porque mañá é festivo, Día do traballador.
E lembrar que o luns 4 tampouco hai clase. Entón ides ter un fin de semana moi longo.😉
Polo tanto deséxovos...
As actividades de hoxe non van ser tan entretidas como as de onte, pero non podemos deixar atrás os libro. Pensarei unhas novas para poñervos para a semana.😉
- MATEMÁTICAS:
En matemáticas seguimos co repaso do sistema monetario. Hoxe imos lembrar as moedas e os billetes.
SNAPPET: Moedas e billetes
- LINGUA CASTELÁ:
Nesta área imos ler unha entrevista e completar as preguntas que faltan.
Libro páx.156 ex:1
- LINGUA GALEGA:
Imos rematar os exercicios relacionados co vocabulario do espazo.
Libro páx.151 ex:4,5 e 6.
A continuación, indico os pasos a seguir para atopar as actividades:
- Acceso libro dixital: https://www.anayaeducacion.es/index_alumnado.php
- A continuación introducimos o nome e contraseña.
3. Facemos clic no libro de Lingua Galega.
4. Imos ao tema 9.
5. Facemos clic libro do alumnado.
6- Páxina 151 exercicios 4,5 e 6.
- CIENCIAS SOCIAIS:
Nesta área realizaremos tres exercicios de repaso do tema.
Libro páx.74 ex:1,2, e 3.
A continuación, indico os pasos a seguir para atopar as actividades:
1ºFacemos clic no libro de Ciencias Sociais.
2º Imos ao tema 4.
3º Facemos clic en libro do alumno.
4º Páxina 74 exercicios: 1,2, e 3.