jueves, 30 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA O XOVES 30 DE ABRIL DE 2020 - SEGUNDO DE PRIMARIA


Bos días! Hoxe xa é o último día de clase desta semana porque mañá é festivo, Día do traballador.
E lembrar que o luns 4 tampouco hai clase. Entón ides ter un fin de semana moi longo.😉
Polo tanto deséxovos...




As actividades de hoxe non van ser tan entretidas como as de onte, pero non podemos deixar atrás os libro. Pensarei unhas novas para poñervos para a semana.😉

- MATEMÁTICAS:
En matemáticas seguimos co repaso do sistema monetario. Hoxe imos lembrar as moedas e os billetes.
SNAPPET: Moedas e billetes


- LINGUA CASTELÁ:
Nesta área imos ler unha entrevista e completar as preguntas que faltan.

Libro páx.156 ex:1


- LINGUA GALEGA:
Imos rematar os exercicios relacionados co vocabulario do espazo.

Libro  páx.151   ex:4,5 e 6.


A continuación, indico os pasos a seguir para atopar as actividades:
  1. Acceso libro dixital: https://www.anayaeducacion.es/index_alumnado.php 
  2. A continuación introducimos o nome e contraseña.

  3.  Facemos clic no libro de Lingua Galega. 



      4. Imos ao tema 9.

   5. Facemos clic libro do alumnado.
  

6- Páxina 151 exercicios 4,5 e 6.





- CIENCIAS SOCIAIS:

Nesta área realizaremos tres exercicios de repaso do tema.

Libro páx.74 ex:1,2, e 3.

A continuación, indico os pasos a seguir para atopar as actividades:

1ºFacemos clic no libro de Ciencias Sociais. 
2º Imos ao tema 4.


 3º Facemos clic en libro do alumno.

4º Páxina 74 exercicios: 1,2, e 3.




No hay comentarios:

Publicar un comentario