miércoles, 15 de abril de 2020

ACTIVIDADE - 15 DE ABRIL DO 2020 - SEGUNDO DE PRIMARIA


Ola parruliños/as!

Hoxe presinto que vai a ser un gran día 😉😘




-LINGUA GALEGA:
  SNAPPET: Actividade 3. Vocabulario: Palabras derivadas. 
Nesta actividade tedes que facer as tres partes marcadas con frecha vermella.
Se alguén quere facer algún máis pode marcar no máis pero non é necesario
(frecha negra).



- LENGUA CASTELLANA:
Na hora de Lingua Castelá tedes que ler a lectura da páxina 140. E despois facer os exercicios do 1 ao 4 de compresión lectora da páxina 141.


-CIENCIAS DA NATUREZA:

Nenos/as esta semana comezamos a parte das plantas do noso álbum de seres vivos.

Seguimos coa mesma técnica que cos animais. Vou adxudicar a cada catro unha planta e tedes que buscar información sobre ela. Se vos apetece podedes mandarme un debuxo ou foto da planta que vos toca para que a suba ao álbum.

Trevo: Beltrán, Xabier, Alba e Raúl.
Lila: Noa, Athenea, Celia e Uxía.
Caravel: Tatiana, Eloy, Mateo e Diego.
Loto: Joel, Mar e Andrea.


Déixovos a ligazón para que poidades ver o álbum.


Fai clic para ver o álbum
Podedes deixar un comentario sobre o álbum dos seres vivos (frecha vermella) ou a vosa reacción (frecha negra), debaixo da entrada do blog.





- PLÁSTICA:
Hoxe traio un novo reto para a hora de plástica. Imos iniciarnos na técnica do origami. Agora estaredes todos pensando Origami?😲😵
O origami ou papiroflexia é unha arte que consiste no encartado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas, moitas das cales poderían considerarse como esculturas de papel



O voso reto consiste en facer un raposo. A continuación déixovos un vídeo explicando paso por paso para que vos resulte máis fácil.



Acordarvos que tedes toda a semana para facelo.😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario