Comezamos de novo a escola pero este trimestre seguiremos polo momento de maneira telemática.
Espero que collésedes forzas nestes día para traballar igual de ben que no anterior trimestre. 💪💪💪😀😊
Para desexarvos un bo día dedícovos o seguinte vídeo.
Agardo que vos guste tanto como a min.😚
- VALORES:
Na hora de valores imos volver a utilizar o libro que tiñades no cole. Agora que o teño en formato dixital xa podemos empregalo.
Se queredes que vaia intercalando os casos do Inspector Drilo e este libro escribídesme ao correo e comentádesmo. Se gaña a maioría facémolo 😉
O traballo de hoxe consiste en ler a lectura da unidade 10 que trata sobre a emisora de radio, medios de comunicación e as novas tecnoloxías e unha vez rematada a lectura facemos os seguintes exercicios:
páx.47 ex:1 e 2
páx.48 ex:1, 2 e 3. (O exercicio 3 se queredes podémolo facer oral. Pode ser a través dun vídeo ou gravar un audio).
Acordarvos os que non poidan imprimir pode poñer as resposta nunha folla ou nun caderno. E ademais agora tamén contades cun servizo gratuíto do concello de Soutomaior para imprimir as tarefas escolares. Debedes de enviar a documentación ao enderezo educación@soutomaior.com, indicando o nome, enderezo e teléfono do/a alumno/a para a entrega.
![]() |
Fai clic para iniciar a actividade |
Libro páx.139 ex: 17(só facer as sumas levando porque o redondeo á centena é un contido que aínda non se deu)
páx.141 ex:20
páx.142 ex: 1 e 2.
- LINGUA GALEGA:
SNAPPET: Comprensión lectora: Estes días refresca polas tardes.
OLLO: nos exercicios da plataforma Snappet só hai que facer a parte 1 e 2 (TEÑEN DÚAS FRECHAS VERMELLAS). Se alguén quere facer algún máis pode marcar no máis pero non é necesario.
- LINGUA CASTELÁ:
Na área de Lingua Castelá imos repasar a sílaba tónica e os nomes masculinos e femininos.
Primeiros debedes de ver os vídeos e despois realizades os exercicios.
SÍLABA TÓNICA
Páx.149 ex:13 (separa as palabras en sílabas y subraya la sílaba tónica).
MASCULINO Y FEMENINO
Páx.152 ex:17 e 18.
No hay comentarios:
Publicar un comentario