lunes, 20 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA O MARTES 21 ABRIL DO 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA


Bos días parruliños e parruliñas!

Hoxe imos comezar o día bailando.





- VALORES:
Hoxe en valores imos terminar o tema da familia. O traballo consiste en ler o texto titulado " Con respecto" e a continuación, realizar o exercicio 1 que consiste en colorear as situacións nas que os nenos fan o que deben.

As familias que non teñan impresora ou tinta podedes escribir nun folio ou no caderno cada situación.
Ficha de valores





- MATEMÁTICAS:
En matemáticas téñovos preparada unha ficha de repaso.
Esta contén dous exercicios, no primeiro ides ter que resolver 4 problemas e o segundo é un reto que está moi de moda que é pescudar os valores dos sumandos.


Ficha de matemáticas


- LINGUA GALEGA:
Nesta área imos traballar con programa SNAPPET para repasar o adxectivo.

- LINGUA CASTELÁ:
Aproveitando que a semana pasada en lingua galega repasamos os aumentativos, imos realizar en lingua castelá os exercicios correspondente a este contido.

Atoparédelos na páxina 161 e son os exercicios 4,5 e 6.



No hay comentarios:

Publicar un comentario