miércoles, 22 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 22 DE ABRIL DO 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA

Bos días familias!

Hoxe empezamos o día cun vídeo gracioso.😉😂



Déixovos esta captura do blog da biblioteca para lembrar a actividade que se propuxo para o día do libro. Anímovos a que participes. Eu xa o fixen!😉





-LINGUA GALEGA: 
Imos aproveitar que onte repasamos os adxectivos para poder traballar hoxe na expresión escrita a descrición dunha persoa.


SNAPPET: Expresión escrita: Descripción dunha persoa.




  

- LINGUA CASTELÁ:
Copiado ou ditado páx 155 ex:5 (Se algún neno/a non ten a ninguén que lle poida ditar podedes facer o exercicio como un copiado)

- CIENCIAS DA NATUREZA:
Imos repasar a unidade "Descubrindo os seres vivos"con dúas actividades interactivas.
A continuación, indico os pasos a seguir para atopar as actividades:
  1. Acceso libro dixital: https://www.anayaeducacion.es/index_alumnado.php 
  2. A continuación introducimos o nome e contraseña.

   3.  Facemos clic no libro de Ciencias da Natureza. 
  

       4. Imos ao tema 3.


           
       5. Facemos clic en actividades interactivas.


          6. Facemos as dúas actividades marcadas cunha frecha. 
Por favor cando teñades rematada a actividade sacádeslle un foto e enviádesma ao correo. Moitas grazas.


.

- PLÁSTICA:
Hoxe en plástica imos realizar outra actividade con materiais que podedes ter por casa. Neste caso necesitamos unha botella (auga, iogur bebible...), tapóns, pallas, follas...
Tedes que realizar unha obra de arte con estes materiais. A continuación, déixovos un exemplo.


Hai dúas opcións: copiar o exemplo ou realizar a vosa propia obra.

Lembrar que tedes toda a semana para facelo.


Deséxovos un feliz día!

No hay comentarios:

Publicar un comentario