Bos días parruliños/as! Que tal estes días de descanso? Espero que gozásedes moito dos vosos paseos.
Comezamos unha nova semana. Arriba eses ánimos!💪
- VALORES:
Hoxe en valores ides pescudar se acertastes ou non coa emoción.
![]() |
Fai clic para ver o caderno de anotacións |
Déixovos un debuxo de Míster Sad por se queredes imprimilo e darlle cor.
![]() |
Fai clic para ver o debuxo |
- MATEMÁTICAS:
Seguimos co repaso do sistema monetario. Hoxe imos traballar o valor das moedas (euros e céntimos).
SNAPPET: Os precios.
- LINGUA CASTELÁ E LINGUA GALEGA:
Hoxe nas linguas imos repasar o son da letra r. Lembrar que podía ser forte ou suave.
A continuación, déixovos un vídeo cunha explicación.
Libro Lingua Castelá: páx 164 ex:11,12 e 13.
Libro Lingua Galega: páx 149 ex:1,2 e actividade interactiva.
Para o acceso ao libro dixital déixovos os pasos a seguir:
- Acceso libro dixital: https://www.anayaeducacion.es/index_alumnado.php
- A continuación introducimos o nome e contraseña.
3. Facemos clic no libro de Lingua Galega.
4. Imos ao tema 9.
5. Facemos clic libro do alumnado.
6- Páxina 149 exercicios 1, 2 e actividade interactiva.
Deséxovos un feliz martes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario