martes, 12 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA O MARTES 12 DE MAIO DE 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA


Bos días parruliños!
Hoxe comezamos a mañá cun dito.

- VALORES:
Hoxe rematados a unidade 13 do libro de valores. Seguimos traballando o valor da amizade.
Libro páx.60 lectura e os exercicios:1 e 2.
páx.61 lectura e os exercicios: 1,2 e 3.
Fai clic para ver o libro
- MATEMÁTICAS:
 Actividades interactivas para repasar a táboa do 2.
Táboa do 2
Fai clic para xogar.

Nesta actividade ides ter que practicar en catro pasos a táboa do 2 para poder conseguir un diploma final. Xa me mandaredes os vosos diplomas ao correo
Globos de Spuq
Fai clic para xogar
Por favor mandarme unha foto da vosa puntuación ao correo.

-LINGUA GALEGA:
En lingua galega imos comezar a repasar os verbos. Para iso, imos utilizar o programa SNAPPET.

- LINGUA CASTELÁ:
Hoxe en lingua buscaremos nunha sopa de letras palabras con fr e fl, escribiremos os aumentativos dunhas palabras e, por último, realizaremos un ditado.

Libro páx. 165 ex: 14
páx.171 ex:4 e 5.

Que teñades un bo día!

No hay comentarios:

Publicar un comentario