miércoles, 13 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 13 DE MAIO DE 2020- SEGUNDO DE PRIMARIA

Bos días parruliños/as!

Hoxe é mercores e xa non queda nada para que remate a semana.😉





IMPORTANTE:

Mañá xoves 14 ás 11 da mañá gustaríame facer unha videochamada con todos e todas,para realizala deixovós aquí o enlace no que debedes entrar as 11:00. Podemos realizala dende un teléfono con cámara, unha tablet ou un ordenador.


Cando premades no enlace anterior se non tedes instalada a aplicación Webex pediravos que a descarguedes.

Unha vez descargada debedes poñer un nome para identificarvos na videochamada (o do alumno/a) e un correo electrónico.
A continuación, a aplicación vai pedir unha serie de permisos, permiso de audio, vídeo e xestíón de chamadas , debedes permitir para poder realizar a chamada.


Por último, dámoslle a "unirnos á reunión" e estamos dentro. Comprobaremos que o botón de audio e vídeo están encendidos para vernos e escoitarnos.


-LINGUA GALEGA:
En lingua galega seguimos co repaso dos verbos, pero nesta ocasión faremos os exercicios no libro.
Páx.144 e 145 ex:1,2,3,4 e 5.

-LENGUA CASTELLANA:
Hoxe en lingua castelá tócanos traballar a comprensión lectora. Imos ler a información sobre as líneas do metro e observar un plano do metro dunha cidade.
Páx.172-173 ex:1 e 2.


- CIENCIAS DA NATUREZA:
Seguimos co repaso das plantas. Imos utilizar o libro dixital para facer dúas actividades interactivas.
Libro dixital páx.62:
Fai clic para ver as actividades

- PLÁSTICA:

O reto desta semana en plástica é facer unha especie de mandala en papel de cociña.
Os materiais que necesitades para facer este traballo son:
-rotuladores
-papel de cociña
Exemplo:
Lembrar: tedes unha semana para entregar o traballo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario