miércoles, 6 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 6 DE MAIO DE 2020 - SEGUNDO DE PRIMARIA


BOS DÍAS FAMILIA!


Hoxe tócanos deixar os libros de lado e poñernos a traballar con actividades manipulativas e divertidas.

Comezamos!!


- LINGUA GALEGA:

En Lingua Galega imos traballar a expresión oral co Xogo das descricións.

Ao ser unha actividade oral por favor necesito que vos gravedes e mandédesmo ao correo.
Fai clic para ver o xogo

- LINGUA CASTELÁ:
Hoxe imos repasar as onomatopeas.
Déixovos un vídeo cunha pequena explicación.



Este contido traballarémolo co Dominó das onomatopeas. Ides ter que crear unhas pezas para poder xogar cos vosos pais, irmáns, avós, curmáns...

Un exemplo:
Hai dúas opcións para facer as pezas do dominó:
- Déixovos unha plantilla e imprimídela e traballades nela.

Fai clic para ver a plantilla


- Ou as facedes vós cunha regra e un lapis. Debuxades un rectángulo, dividídelo en dúas partes e no medio unha liña e un circulo negro.
Lembrar cando teñades as pezas do dominó enviádesme unha foto. Grazas.

A continuación, déixovos as regras do xogo:
Consiste en ir colocando, respectando as quendas, a imaxe co seu sons correspondente en cada extremo. Iníciase repartindo 7 fichas a cada xogador, amontoando as restantes para roubar en caso de non ter un extremo que coincida coa súa imaxe ou son nun dos dous que hai na mesa. Gaña o xogador que queda antes sen fichas.

-CIENCIAS DA NATUREZA:
O traballo nesta área consiste en ver un vídeo para repasar as partes dunha planta. Aconséllovos que o vexades detidamente porque o próximo día de ciencias da natureza ides facer un traballo sobre elas.

-PLÁSTICA:

O reto de hoxe en plástica titúlase "Somos artistas por un día".

Imos traballar con obras de arte nas que o máis usual é o uso de figuras planas (círculo, triángulo, cuadrado, rectángulo)
Por exemplo:
AUGUSTE HERBIN

PAUL KLEE

PABLO RUÍZ PICASSO
O reto consiste en ser un artista por un día e crear unha obra con figuras planas.
Por exemplo:
 

Desexando que chegue o vindeiro mércores para ver todas as vosas obras porque todos os retos facédelos xenial. 😉



No hay comentarios:

Publicar un comentario