![]() |
Fai clic para ver o vídeo |
-MATEMÁTICAS:
Hoxe en matemáticas seguimos traballando coa multiplicación. Primeiro quero que vexades o vídeo e despois facedes as actividades do libro (2ºtrimestre).
Libro páx.106 ex:1 páx.107 ex:2 e 3.
-LENGUA CASTELLANA:
E seguimos repasando pero neste caso o son -r e o adxectivo.
Libro páx. 170 ex:1 , 2 e 3.
-VALORES:
Hoxe en valores tócanos traballar co libro de clase.
Unidade 13 que ten como título "A miña amiga Ana". A lectura trata o valor da amizade.
Libro páx. 58 e 59 ex:1 e 2
![]() |
Fai clic para ver o libro |
-CIENCIAS DA NATUREZA:
Vou deixar outra vez o vídeo do outro día por se algún non puido velo. É necesario que o vexades para poder facer o traballo.
Tamén podedes consultar o tema 4 do libro de Ciencias da Natureza.
A actividade de hoxe titúlase "FLIPBOOK DAS PLANTAS". Pasos a seguir:
- 1º:Collemos unha folla.
- 2º: Dobramos á metade.
- 3º: Dividímola no número de partes que ten unha planta.
- 4º: Escribimos información sobre cada unha delas.(Tema 4 ex:1 pax.60, se completades as oracións obtedes a información necesaria e podedes poñela no flipbook).
Exemplos:

No hay comentarios:
Publicar un comentario