Hoxe xa é xoves. 😉
Xa non queda nada para rematar a semana!👏👏👏
- MATEMÁTICAS:
En matemáticas hoxe imos comezar coas multiplicacións. Con esta actividade quero que entendades que a multiplicación é una suma reiterada de un mesmo número (exemplo: 2x3=2+2+2).
SNAPPET: Multiplicación como suma reiterada.
- LINGUA CASTELÁ:
Hoxe imos realizar os exercicios das onomatopeas do libro para dar por finalizado o repaso deste contido.
Libro páx.145 ex:3 e 4.páx.146 ex:5
páx.154 ex:3
- LINGUA GALEGA:
En Lingua Galega imos lembrar que son os pronomes persoais.Déixovos a continuación un vídeo cunha pequena explicación.
- CIENCIAS SOCIAIS:
E por último, en Sociais imos traballar O paso do tempo. Déixovos un vídeo para lembrar conceptos como antes, agora e despois.
Nesta actividade tedes que debuxar un acontecemento que viviches no pasado, outro que estás a vivir agora e outro que che gustaría vivir no futuro.
As familias que non teñan impresora non vos preocupedes, no caderno ou nunha folla debuxades tres cadrados e arriba poñedes antes, agora e despois. E xa tedes lista a vosa plantilla para poder facer o exercicio.
![]() |
Fai clic para ver a actividade |
No hay comentarios:
Publicar un comentario